Cargando resultados...
Anulan a absolución dun porteiro do Zaragoza por unha agresión sexual no Carballiño
A Audiencia Provincial de Ourense ordena á xuíza que dite unha nova sentenza, xa que considera que na primeira omitiu "a valoración de probas substanciais"
G24.gal
29/11/2021 14:58
A Audiencia Provincial de Ourense anula a sentenza que absolvía o porteiro do Zaragoza, Álvaro López Ratón, dun delito de agresión sexual. O Tribunal estima así o recurso presentado pola denunciante e ordena á xuíza que dite unha nova sentenza, xa que considera que na primeira omitiu "a valoración de probas substanciais que poderían alterar o contido da sentenza".
Os feitos aconteceron en xuño de 2018 nas proximidades dun local de copas do Carballiño. Contra a sentenza da Audiencia Provincial cabe recurso de casación perante o Supremo.