Cargando resultados...
Antes de final de ano comezará a segunda fase de Afouteza
O club fará un investimento de 115 millóns de euros
G24.gal
30/09/2024 15:11
O Celta conta comezar antes de final de ano a segunda fase de construcción para a ampliación da Cidade Deportiva de Afouteza, denominada Galicia Sport 360. Unha fase cun investimento de 115 millóns de euros no que se construirán 5 campos de herba artificial, 2 de herba natural, un será mini estadio para 4.000 espectadores, e varias edificacións para residencia, formación, clínica, restauración e un hotel. Novas dotacións que van máis alá do Celta.
Malia as denuncias presentadas con anterioridade o Celta reafírmase en que ten o amparo da legalidade. Todo co obxectivo de fortalecer o proxecto de canteira.