Andoni López, ilusionado e comprometido co obxectivo da permanencia
Andoni: "Hai que dar un paso máis e ser definitorios nas duas áreas, acertar"
Este mañá foi a presentación oficial de Andoni López como novo xogador do C. D. Lugo. O lateral, que xa sentiu o que supón o debut no Anxo Carro, comparecía ante os medios demostrando a súa ilusión e compromiso pola causa albivermella.
Acompañado polo Secretario Técnico, Wagner Molina, destacou o momento de unión no grupo, fundamental para a consecución dos obxectivos:
"A opción do C. D. Lugo é unha etapa moi boa para a miña, estou moi ilusionado, e con ganas de sacar isto adiante. Non mo pensei".
"Hai que dar un paso máis e ser definitorios nas dúas áreas, acertar".
Ante o Eivisa dispuxo do seu primeiros dez minutos:
"Estou contento polo debut. Vin ben o equipo, superior ao rival, chegando e buscando opcións. Despois, entran en xogo diferentes situacións, pero estamos no camiño".
