Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Andalucía suspende o plan de ampliación de regadíos en Doñana
A lei queda no aire despois de chegar a un acordo co Ministerio para a Transicion Ecolóxica
 
            
                            G24.gal
                        
                            04/10/2023 08:00
                        
                        
                        
                        
                    
                    O goberno andaluz dá marcha atrás e suspende a lei que ampliaba os regadíos en Doñana.
Paralizan o plan despois de reunirse, este martes pola tarde, co Ministerio para a Transición Ecolóxica e chegar a un acordo.
O departamento de Teresa Ribera compromete 350 millóns para a zona que ía pasar de secaño a regadío. E agora os dous gobernos danse un mes de prazo para concretar eses investimentos.
Ribera asegurou que este acordo traslada a Bruxelas a mensaxe de que España cumpre coa lexislación. E agarda que pechen canto antes o procedemento de infracción.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
         
            
        