Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Peleteiro métese na final do triplo salto no primeiro intento

Ana Peleteiro métese na final do triplo salto no primeiro intento

A mugardesa, Belén Toimil, plusmarquista española de peso, tamén accedeu á final dos Europeos de Roma coa décima mellor marca (17,76)

O viveirense Adrián Ben gañou a súa serie dos 800 metros con 1:46.39 e clasifícase para as semifinais

Aleksandra Szmigiel | REUTERS Aleksandra Szmigiel | REUTERS
G24.gal 07/06/2024 12:21 Última actualización 07/06/2024 13:17

Á final, á primeira e sen desgaste, o plan perfecto para Ana Peleteiro na cualificación do triplo salto. A barbancesa saltou 14,21 metros (o corte estaba nos 14), dando a impresión que economizara ao máximo.

Acto seguido, ao verse dentro da rolda definitiva que terá lugar o domingo, fixo un xesto de alegría e saudou ao seu adestrador na bancada.

Ana Peleteiro chegou a Roma como clara candidata ao podio e mesmo ao ouro e demostrouno desde a súa primeira zancada.

 

A mugardesa, Belén Toimil, plusmarquista española de peso, tamén accedeu á final dos Europeos de Roma coa décima mellor marca (17,76) A mellor da súa serie foi a sueca Fanny Roos, que chegou aos 18,70 metros, a mellor marca das doce finalistas.

"Estou contenta. O obxectivo era pasar a final. Fun atopando mellor aos poucos. A nivel sensacións atopeime ben pero xente nas miñas marcas quedou fóra con iso dunha cualificación, as dez da mañá... Espero na final rabuñar algún posto e estar preto das medallas", dixo Toimil, ao termino da proba.

O viveirense Adrián Ben gañou a súa serie dos 800 metros con 1:46.39 e clasifícase para as semifinais do Campionato de Europa de atletismo. Mañá estará nas semifinais

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar