Cargando resultados...
Ampliación da campaña de vacinación da gripe en Galicia
Ata mediados do mes de xaneiro de 2022 ou ata que se esgoten as doses
G24.gal
22/12/2021 17:35
A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, anunciou que o Sergas ampliará dúas semanas a campaña de vacinación contra a gripe, ata mediados do mes de xaneiro de 2022, ou ata que se esgoten as doses dispoñibles.
Esta medida ten como obxectivo "vacinar todas aquelas persoas que aínda non o fixeron", pertenzan ou non aos grupos de risco.
"Non sabemos como vai evolucionar. Igual ten unha incidencia moi baixa, pero xa está circulando o virus de la gripe. Temos que interiorizar que estamos nunha realidade moi distinta á que tiñamos o ano pasado", matizou Carmen Durán.