Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amnistía Internacional: “O Mundial ten que servir para que se fale dos dereitos humanos en Qatar”

Amnistía Internacional: “O Mundial ten que servir para que se fale dos dereitos humanos en Qatar”

No Galicia por diante falaron cun experto da ONG a dez días de que comece o torneo 

No emirato a homosexualidade está perseguida e as mulleres seguen a estar marxinadas
 

G24.gal 09/11/2022 15:18 Última actualización 09/11/2022 15:57

Amnistía Internacional cualifica Qatar 2022 como “o Mundial da vergoña”. A ONG é unha das entidades que leva anos denunciando que a FIFA lle concedeu a organización do torneo a un estado no que non se respectan os dereitos humanos e onde existen terribles condicións laborais.

A dez días de que bote a rodar o balón, no Galicia por Diante falaron con Carlos de las Heras, o responsable de Deportes e Dereitos Humanos de Amnistía Internacional en España. AI cre que non se debe paralizar o Mundial pero que hai que aproveitar que os ollos de millóns de persoas estarán postos en Qatar para esixir avances na situación das mulleres ou do colectivo LGTBi. 

“En Qatar a persecución que sofre o colectivo LGTBi é tremenda, a homosexualidade está castigada con penas de cárcere de ata 7 anos”.

“As mulleres en Qatar seguen sendo consideradas cidadás de segunda categoría porque continúa existindo o sistema de tutela masculina”.

“Nos podemos esquecer o que sufriron os traballadores ao levantar as infraestruturas para o Mundial. En ocasións chegaron a traballar 16 horas ao día, con temperaturas que case chegan aos 50º ao aire libre. Non existen datos concretos, pero hai investigacións que falan de 6.500 mortos nas obras de construción dos estadios”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade