Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álvaro de la Vega expón 'Oxímoron' en Ourense

Álvaro de la Vega expón 'Oxímoron' en Ourense

A mostra é unha instalación con 375 esculturas de madeira

Poderá visitarse ata o 13 de marzo

'Oxímoron, a árbore da vida' é o título da mostra
G24.gal 21/01/2022 20:49

O escultor lugués, Álvaro de la Vega, montou en Ourense toda unha homenaxe aos instintos humanos. "Oxímoron, a árbore da vida" é o título desta mostra que fai referencia ás contradicións que xeran novas realidades.

"O ser humano, tomado en conxunto, ten un comportamento plano, igual, pero se personalizamos, vemos que somos moi diferentes e que usamos os nosos instintos, as nosas paixóns, de xeitos diferentes", explica o autor.

Sete anos leva Álvaro traballando nesta mostra que é unha reformulación, unha ampliación, da que expuxo en Vigo hai tres anos. Fala de instintos humanos "eses instintos que a cultura nos soterra pero que están aí", explica. E dos espazos: "interesábame a idea de multitude, de apiñotamento, incluso de atmósfera asfixiante".

Son 375 personaxes, uns actores e outros espectadores. Todos moi expresivos, pero de trazos anónimos, salvo un pequeno grupo que emula A Vida de Picasso.

"Eu recordaba que un dos personaxes tamén levaba un taparrabos branco e dixen, imos convidalos a que se metan por aquí", di Álvaro.

A madeira, de eucalipto, de castiñeiro... Reciclada das bateas coas súas iridescencias salinas, cobra vida entre as mans deste escultor que, por segunda vez, trae a súa obra ao Marcos Valcárcel de Ourense. Poderá visitarse ata o 13 de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade