Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alivio pola retirada das máscaras entre quen padece cefaleas ou dores de cabeza

Alivio pola retirada das máscaras entre quen padece cefaleas ou dores de cabeza

O 19 de abril é o Día Nacional da Cefalea

A OMS di que esta doenza afecta a un 50 % dos adultos e que aumentou a raíz da pandemia

G24.gal 19/04/2022 22:37

A máscara non está considerada un factor determinante para o desenvolvemento das cefaleas, pero logo de dous anos usándoa non hai que desbotar os efectos que puido ter naquelas persoas que padecen dores de cabeza.

"Repercute negativamente neles porque é ter algo que está constantemente premendo a cabeza. Amais tamén afecta á osixenación cerebral. E si que pode repercutir en que esas dores empeoren e o pasen peor", sinala a doutora Beatriz Banga da Clínica Vitalia.

O 19 de abril é o Día Nacional da Cefalea, unha dor de cabeza recorrente que, segundo a OMS, afecta a un 50 % dos adultos e que a raíz da pandemia rexistrou un notable crecemento.

"A máis prevalente é a tensional que é a que ten principalmente orixe ansiosa porque hoxe en día a ansiedade é unha clínica que está moi estendida. É a que se localiza de xeito bilateral.  É unha dor que afecta aos dous lados da cabeza", explica a doutora Banga.

Logo figura a xaqueca, que afecta o 15 % dos doentes e que a OMS sitúa entre as 20 enfermidades que máis incapacitan en todo o mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade