Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alicia Fernández entra na lista de xogadoras que optan aos xogos olímpicos

Alicia Fernández entra na lista de xogadoras que optan aos xogos olímpicos

O seleccionador deu a coñecer unha convocatoria de vinte da que terá que facer tres descartes

A primeira parte da preparación será na Guarda

G24.gal 04/06/2024 21:07

A valdoviñesa Alicia Fernández está moi preto de participar nos seus segundos Xogos Olímpicos. Alicia foi incluída na lista de vinte da que o seleccionador terá que facer tres descartes. A galega é unha habitual na selección de balonmán feminino e, de non acontecer ningún accidente, todo apunta a que será unha das elixidas. 

O equipo comezará a súa preparación o 17 de xuño e farao en terras galegas. Durante quince días estarán na Guarda aproveitando as instalacións da Sangriña para facer a primeira parte da concentración. Logo irán a Donostia antes de viaxar ata París. 

O Conservas Orbe Rubensa Porriño, cuarto clasificado da Liga Guerreras, tamén achega unha xogadora á selección: Paulina Buforn. A eivisenca é outra das habituais para o técnico nas últimas grandes citas. 

Alicia Fernández xa estivo presente nos xogos de 2021 e os de París, con 31 anos, chéganlle en plena madurez deportiva. Consolidada nunha competición tan potente como a de Romanía, vén formando parte do combinado desde hai case unha década e estivo no equipo que acadou a prata no Mundial de 2019. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos