Publicador de contidos

Publicador de contidos

Algunhas participacións premiadas da Lotería de Nadal vendida na Illa por alumnos quedaron sen cobrar

Algunhas participacións premiadas da Lotería de Nadal vendida na Illa por alumnos quedaron sen cobrar

A xestora que se creou para poder facilitar o cobro dos boletos aos premiados agardará a que se fagan as verificacións para decidir, en caso de que sobre diñeiro, que facer con el

G24.gal 24/03/2022 15:08

Esta mesma semana rematou o prazo para cobrar os décimos premiados da lotería de Nadal. Lembrarán o caso dese instituto da Illa de Arousa que entregou parte dun cuarto premio. O primeiro problema foi que ningún banco quixo asumir o pago desas participacións, polo que os pais dos alumnos tiveron que crear unha xestora e facelo eles mesmos. Agora resulta que hai algúns boletos que aínda non foron cobrados, polo que, polo menos aparentemente, sobran cartos cos que agora non teñen claro que facer.

De pasar alegría de repartir un cuarto premio da Lotería de Nadal en participacións a de súpeto non saber como facer para entregar os premios ás máis de mil cincocentas persoas agraciadas. O que parecía un problema "xestionámolo da mellor maneira posible. Foron aparecendo problemas pero fomos quen de darlle solución rapidamente", lembra Ramón Dios, pai dunha alumna que vendeu as participacións e portavoz da xestora que tiveron que crear para poder facer o o pago do premio. 

Montada a xestora entre tres persoas e ter tamén un local, cedido, para ser o punto de operación. A colaboración dos pais foi imprescindible para poder recoller as participacións e facer entrega dos 4.000 euros en cheques ao portador por cada unha delas, chegando a pagar case 500.000 euros nun día. E esta semana rematou o prazo para cobrar os boletos e parece que hai algúns que quedaron sen reclamar.

"En caso de que sobren e mentres non sexan atendidas as alegacións, eses cartos van quedar nunha conta bancaria, explica Ramón Dios. Unha vez resolto e deducidos os gastos que supuxo crear a xestora e entregar os premios aos agraciados, os pais dos alumnos terán unha reunión para decidir que facer co diñeiro. "Barallamos doalos a unha ONG, pois a nós xa nos tocou a lotería", adianta Ramón. 

Foron moitos días de intenso traballo que se viron recompensados tanto para os propios pais como para os alumnos de cuarto da ESO que venderan as participacións para a súa viaxe de fin de curso. "A alegría dos rapaces é inmensa", pois viron como persoas da Illa que máis o precisaban lles tocou a lotería.

Agora terán que agardar a que rematen as verificacións para saber se no caso de que sobrase algo que facer con ese diñeiro. O que si está claro é que os alumnos gozarán da viaxe á Costa Dourada coa alegría de repartir un premio entre os veciños da Illa. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade