Cargando resultados...
Alfonso Rueda inaugura en Madrid unha ruta saudable que percorre o Camiño de Santiago
80.000 madrileños obtiveron a compostela no Ano Santo
G24.gal
22/11/2022 15:01
Madrid conta desde hoxe cunha nova ruta saudable que percorre o primeiro treito do Camiño de Santiago na capital. Son 19 quilómetros de percorrido que parten da igrexa de Santiago, en pleno centro da cidade.
O alcalde, José Luis Martínez-Almeida, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, animaron os madrileños a continuar o Camiño a Compostela, unha ruta que percorren cada ano máis de 80.000 veciños da capital.