Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfonso Rueda bota a andar o autobús de "Galicia non para!"

Alfonso Rueda bota a andar o autobús de "Galicia non para!"

A primeira parada foi na Bandeira, no concello de Silleda

Moitos veciños puideron conversar e trasladar propostas ao líder dos populares galegos

Esta iniciativa continuará desenvolvéndose nas vindeiras semanas en diversos concellos de toda Galicia     

G24.gal 01/10/2023 14:36 Última actualización 01/10/2023 14:48

Alfonso Rueda percorre Galicia co obxectivo de manter un contacto directo coa cidadanía para coñecer de preto as súas preocupacións. 

Este domingo o primeiro encontro celebrouno en Bandeira no concello de Silleda. Fíxoo en autobús, que se instalou na praza da Feira, ata onde se achegaron numerosos veciños que puideron conversar co líder dos populares galegos.

Segundo o PPdeG, son contactos "a pé de rúa" e "sen intermediarios" cos cidadáns nunha campaña que leva por título "Galicia non para!". Nestes encontros por toda a nosa comunidade, Alfonso Rueda falará de diferentes temas como economía, emprego, familia, educación ou o agro. Pola súa banda, a cidadanía "poderá facerlle chegar as súas preocupacións e propostas directamente".

Tamén se estrea a páxina web rueda.gal, a través da cal todos os galegos e galegas poderán trasladarlle ao presidente Rueda todo aquilo que lles preocupa, o que vai ben e o que cren que pode mellorar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade