Álex Urtasun substituirá a Sergi Quintela, que estará entre dúas e tres semanas de baixa
Álex Urtasun substituirá a Sergi Quintela, que estará entre dúas e tres semanas de baixa
O Breogán deu de alta a Álex Urtasun de forma temporal
Sergi Quintela sufriu unha torcedura que o manterá en recuperación nun prazo de entre dúas e tres semanas dependendo da súa evolución
Sergi Quintela traballa xa na súa recuperación co fisioterapeuta do Río Breogán, Pablo Duarte, e co preparador físico Rubén Portes, baixo a supervisión do equipo médico do club encabezado polo Dr. Luís Coira, coa intención de acurtar os prazos do seu regreso na medida do posible.
Ante a baixa de Sergi Quintela, o club deu de alta a Álex Urtasun de forma temporal mentres se recupera o escolta lucense. Urtasun, viaxará co equipo aos compromisos de Bilbao e Valencia.
Sergi Quintela, recuperándose dunha escordadura de nocello.
— Río Breogán (@CBBreogan) December 15, 2021
O Río Breogán da o alta temporal a Álex Urtasun durante o periodo de recuperación do xogador lucense que se estima de entre dúas e tres semanas dependendo da evolución.https://t.co/xBVdWvQJgC pic.twitter.com/e5M8eQNnqG