Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex Martín regresa a Galicia para incorporarse ao Rácing de Ferrol

Álex Martín regresa a Galicia para incorporarse ao Rácing de Ferrol

O ex-xogador do Celta B estaba a ter moi pouca presenza no Elxe

G24.gal 16/01/2024 12:13

Desde a pretemporada o gran problema do Rácing era a escaseza de centrais. Cristóbal tivo que apañar con Jon García, David Castro e Enrique Clemente. Meteu a Fran Manzanara como solución de emerxencia pero estaba claro que neste mercado invernal a fichaxe do cuarto central era unha prioridade.

Será Álex Martín o que ocupe esa praza. Un xogador de garantías (a piques de cumprir 26 anos) que demostrou a súa valía no Mirandés a temporada pasada pero que nesta non estaba a ter minutos nun dos teóricos galos da categoría, o Elxe. 

Martín, formado na canteira do Real Madrid, coñece Galicia pois estivo no Celta B na temporada 21-22 con bos números. Xogou 34 partidos, todos como titular, e marcou dous goles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade