Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex López: "Queremos chegar aos playoff en dinámica positiva e apertar pola 2ª praza"

Álex López: "Queremos chegar aos playoff en dinámica positiva e apertar pola 2ª praza"

 O capitán valora a clasificación matemática para as eliminatorias de ascenso

G24.gal 07/05/2022 21:47

No Reina Sofía o Rácing de Ferrol continuo co seu idilio a domicilio esta temporada. O mellor visitante da categoría volveu amosar a súa fiabilidade lonxe da Malata e acadou un triunfo que lle permite xa poder pensar nos playoff e seguir optando á segunda praza. Un dos máis emocionados era o capitán Álex López.

"Sabiamos que sería difícil porque son fortes na súa casa, a superficie..., xeraron ocasións. Logo asentamos o noso xogo, e ao final tivemos o control.  Sabiamos que para eles era a última opción de entrar no playoff. Queriamos facer un partido longo, que houbese pausa, que non fose un partido acelerado. Se mantemos a porta a cero, somos moi perigosos".

Co primeiro obxectivo acadado, agora o equipo verde xa pensa nas seguintes metas. Cinco anos despois os departamentais volverán ás eliminatorias de ascenso.

"Semella sinxelo, pero o que fixemos nesta 2ª volta é espectacular, incrible, fala moito e moi ben do que fixemos xogadores, corpo técnico, todos, os que xogan máis, os que teñen menos minutos, porque nos empurran a todos, nos obrigan a estar en alerta. Non queremos baixar os brazos, somos conscientes que quedan 3 partidos e queremos chegar en moi boas condicións e en dinámica positiva. E queremos apertar pola segunda praza".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade