Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex González: "O Pontevedra é o club da miña vida"

Álex González: "O Pontevedra é o club da miña vida"

O capitán do equipo cumpriu 328 partidos defendendo a camiseta granate ante Unionistas 

G24.gal 12/11/2025 17:04 Última actualización 12/11/2025 18:53

Na súa décima tempada defendendo a camiseta do Pontevedra Club de Fútbol, o capitán Álex González acaba de vivir un dos momentos máis especiais na súa carreira. E é que no campo de Unionistas CF cumpriu 328 partidos co equipo lerezano, o que lle deixa a só dous da cifra global oficial do histórico Cholo, 330.

"A medida que pasa o tempo vas sendo un pouco máis consciente diso", asegurou o cántabro sobre o récord.

Para o capitán é "un orgullo" estar á altura de grandes lendas do club, ao que xa considera "o club da miña vida, ao final é onde máis tempo pasei, o club ao que quero, polo que levo aquí dez anos defendendo a camiseta, deixándoo todo".

E é que está convencido, ademais, de que a idiosincrasia do club vén "dos anos en que xogaron en Primeira División, o espírito do Hai que roelo".

Sobre o futuro, aseguro que quere "seguir xogando ao fútbol, que é o que me gusta", pero irá paso a paso como fixo sempre.

"O feito de continuar ou non depende dun rendemento, non é bastante con querer o club e levar tempo", asegurou.

En sala de prensa, o capitán do Pontevedra tamén analizou a regularidade que está a demostrar o equipo, deixando claro que "tranquilos na táboa non estamos" pola igualdade que hai na Liga.

"Sumar é sempre, sempre, moi importante porque ao estar tan igualado calquera punto fai que te vexas nunha situación diferente", explicou".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade