Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex Bergantiños cre que había que tocar fondo e saír desde a calma

Álex Bergantiños cre que había que tocar fondo e saír desde a calma

"Temos máis potencial que equipos de categorías superiores e se facemos as cousas ben, a medio prazo todo volverá ao seu sitio"

Foto Fernando Fernández
G24.gal 19/01/2022 16:09

Unha tempada máis, Álex Bergantiños está a ser un dos futbolistas imprescindibles no Deportivo. E nesta ocasión non tivo que esperar a que o equipo estivese afundido para saír ao rescate. O capitán está encantado: “Estou feliz por seguir sendo útil, seguir participando. Contento polo rol que me deu tanto a dirección deportiva como o adestrador. Polo tempo que levo aquí, polo que é o Dépor, pola xente que vén nova… o máis importante é sentirme útil, máis aló de xogar máis ou menos. Está a tocarme xogar, pero o que máis feliz faime é o proceso que se fixo. A tranquilidade e a humildade que se respira no persoal, poder participar nese proceso de cambio a todos os niveis“.

Consciente de que aínda non fixeron nada, Bergantiños si recoñece “alivio e tranquilidade” por ver como aos poucos vai cambiando a forma de facer as cousas no club: “Nun equipo con tanta masa social e historia sempre vai haber ruído na contorna. Quizá o maior problema estaba dentro, nos que estabamos dentro e contaxiabámonos deses nervios e tensión. É dentro onde tes que ter a mente fría. A todos custounos cambiar, pero a xente entendeu que todo ten que ser un proceso, non hai que volverse tolos. O golpe do ano pasado, a sucesión de golpes dos últimos anos… chegou un punto en que se sentiu que había que tocar fondo e que desde a calma era a única maneira. Apoiando, animando e nós tamén internamente tendo paciencia e analizando o camiño que hai que facer. Temos máis potencial que equipos de categorías superiores e se facemos as cousas ben, a medio prazo todo volverá ao seu sitio“.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos