Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta no rural de Ferrol por unha vaga de roubos en vehículos

Alerta no rural de Ferrol por unha vaga de roubos en vehículos

A Policía Nacional abriu unha investigación para tentar dar cos autores destes roubos

G24.gal 13/02/2024 14:27

Javier foi unha das vítimas da vaga de roubos que se están a rexistrar nas zonas rurais da comarca de Ferrolterra. A madrugada do sábado tres de febreiro forzáronlle a ventá do vehículo que tiña aparcado a carón da súa casa, na parroquia de San Xiao de Narón, e leváronlle todo o material de salón de peiteado canino que tiña no interior. Javier Sánchez di que lle roubaron todo o que tiña no interior, secadores, chaquetas e ata xabón, valora as perdas nuns 1.500 euros.

Malia que o roubo foi contra as seis e media da madrugada, Javier case os colleu na allada.

Javier di que escoitou unha porta cando ía pasear os cans e apunta que cando foi mirar veu unha persoa montándose nun coche verde e fuxindo a toda velocidade.

Non foi a única testemuña que os identificou. En Mougá un veciño incluso chegou a perseguilos, pero sen éxito. En Feal, Freixeiro, Mandiá e Esmelle tamén se rexistraron roubos similares en vehículos. Cren que os autores eran os mesmos.

José Piñeiro, veciño de San Xiao, di que xa houbo máis roubos pola zona e sinala que poden ser os mesmos xa que houbo máis xente que os veu fuxir nun coche de cor verde.

A Policía Nacional abriu unha investigación para tentar dar cos autores destes roubos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar