Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta laranxa en todo o litoral galego por ventos e ondas de ata 8 metros

Alerta laranxa en todo o litoral galego por ventos e ondas de ata 8 metros

Os ventos poden alcanzar a forza 8 na Estaca de Bares

G24.gal 29/02/2024 17:23

Todo o litoral galego permanece en alerta laranxa desde a tarde deste xoves por ventos que poden alcanzar a forza 8 na Estaca de Bares e ondas de ata 8 metros de altura.

Espérase que estas condicións meteorolóxicas adversas se manteñan durante todo o xoves con posibilidade de prolongarse ata o venres e mesmo o sábado.

O fenómeno estenderase desde o oeste e noroeste da Coruña á costa de Lugo na madrugada ata alcanzar o sur coruñés e o litoral de Pontevedra durante a mañá do venres.

Os ventos soprarán do oeste ou suroeste con forza 7 que podería alcanzar de forma puntual o grao 8 en cabo Ortegal-A Estaca de Bares. Tamén se agardan ondas de seis metros con posibilidade de chegar aos 7.

A Xunta apela a extremar as precaucións ante esta situación adversa no mar e o litoral galego, que xa foi comunicada a concellos, deputacións, servizos provinciais de emerxencias e clubs náuticos.

Chama a manterse afastado da liña de costa na medida do posible e que se garden as medidas de seguridade ao máximo á hora de realizar calquera actividade no mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade