Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alejandro Menéndez prepara a súa estrea no banco do Racing no Cidade de Valencia

Alejandro Menéndez prepara a súa estrea no banco do Racing no Cidade de Valencia

O novo técnico debuta o luns no díficil campo do Levante, invicto na casa

G24.gal 01/02/2025 14:51

Fin de semana de traballo para o Racing de Ferrol, que non xoga ata o luns. Visita o Levante, o único equipo da categoría que segue invicto na casa. 

Continúa o axuste do equipo ferrolán. Hoxe viamos charlar o técnico co capitán. O Racing tivo tempo extra para preparar este choque tras o adiamento do partido fronte ao Burgos. Foron días para adaptarse ao xogo do novo adestrador e para recuperarse física e mentalmente. O partido no Cidade de Valencia é unha motivación para os ferroláns.

O técnico non poderá contar no seu primeiro partido con Álvaro Giménez, Manzanara e Brais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade