Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcoa propón adiar ata 2025 o arranque da planta de aluminio de San Cibrao

Alcoa propón adiar ata 2025 o arranque da planta de aluminio de San Cibrao

Garante o emprego ata 2027 pero só nesa planta

Os traballadores teñen dúas semanas para decidir se aceptan a proposta

Esta tarde reunión coa Xunta e representantes do Goberno para analizar o novo plan de Alcoa

G24.gal 25/01/2023 13:55

Os traballadores teñen dúas semanas para decidir se aceptan a última proposta de Alcoa pospoñer o arranque da planta de aluminio ata 2025.

"Dentro do malo é un paso máis para garantir a viabilidade e o futuro da planta", di Diego Ballesteros, do comité de empresa.

O escollo da oferta está no emprego. Garántese ata 2027 para os traballadores de aluminio, pero non para os da refinería e das empresas auxiliares.

"Se o ano que vén nos presenta un ere ou ERTE estanos obrigando a mobilizarnos polo que as garantías que está dando para Aluminio quedarían en papel mollado", asegura Xosé Paleo, do comité de empresa.

Alcoa pospón un ano o arranque e o condiciona aos acordos de compra de enerxía.

"Hai que ver cantas pas e en que formatos se aprobaron, cantos parques eólicos temos aprobados", explica José Antonio Zan, presidente do comité de empresa.

De momento ningún dos parques eólicos previstos ten o visto e prace do Goberno. Si contan coa declaración de impacto ambiental, polo que a Xunta lle pide ao Executivo celeridade. 

"Hai un contexto para Alcoa e o resto de industrias en Galicia para que se poden vincular os novos parques ao desenvolvemento industrial e a industria poda acceder a unha enerxía competitiva", sinala o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde.

Esta tarde a Xunta, representantes do Goberno e traballadores manterán unha xuntanza para analizar o novo plan de Alcoa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade