Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Alcaraz, semifinalista do US Open

Carlos Alcaraz, semifinalista do US Open

Derrotou a Sinner en cinco sets nun duelo épico que se prolongou durante máis de cinco horas 

Alcaraz salvou unha bóla de partido no cuarto set

G24.gal 08/09/2022 07:46 Última actualización 08/09/2022 08:53

O duelo do futuro do tenis mundial entre Jannik Sinner (21 anos) e Carlos Alcaraz (19) acabou do lado do español. Alcaraz tomou cumprida revancha do acontecido en Wimbledon cando Sinner o eliminou da opción de conseguir o primeiro Grand Slam. 

O partido non puido comezar mellor para o murciano, que se fixo co primeiro set cun 6-3. O segundo estivo moito máis igualado e tivo que decidirse nun tie break que resultou fundamental para a sorte do encontro. Despois dunha igualadísima morte súpeta, Sinner levou o set (7-6, 9-7).

O terceiro mantivo a igualdade e volveu decidirse no tie break, pero aquí as cousas fóronlle moito peor a Alcaraz, que non deu conseguido nin un só punto (7-6, 7-0).

Todo parecía de cara para Sinner, que no cuarto conseguiu poñerse con 5-4 e servizo. Mesmo tivo unha bóla de partido, que salvou Alcaraz, e logo conseguiu o break para darlle continuidade ao encontro. O murciano encadeou tres xogos consecutivos e conseguiu forzar o quinto set (7-5).

 

Alcaraz estaba coa moral polas nubes e mantivo un ritmo impropio dun xogador de só 19 anos e dun partido que se ía por riba das cinco horas. Logrou rachar o servizo de Sinner e defendeu os seus con uñas e dentes. 6-3 para meterse nas semifinais e seguir na pelexa polo US Open e por ser o número 1 do mundo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar