Publicador de contidos

Publicador de contidos

Albés: "Non nos enganamos, é un partido importante, pódese xerar brecha co descenso"

Albés: "Non nos enganamos, é un partido importante, pódese xerar brecha co descenso"

O Lugo leva once xornadas sen perder e xoga no Anxo Carro ante a SD Amorebieta

 

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 11/02/2022 12:07

O Lugo xoga ante o Amorebieta no Anxo Carro. Rubén Albés analizou ao rival e falou da transcendencia dun encontro que se torna vital na loita pola permanencia.

"Non nos enganamos, é un partido importante, pódese xerar brecha co descenso. Reforzaríanos animicamente. O noso último proceso non foi o mellor, e queremos recuperar sensacións futbolísticas"

Tamén falou da posible estrea de Clavería:

"Clavería podería ocupar a posición de pivote, pero é un posto complexo, e aínda debe interiorizar algúns conceptos. Ten as capacidades. Non lle vexo de inicio, neste momento, necesita desenvolvemento nesa posición"

Albés ten as dúbidas de Xavi Torres, Iriome e Joselu. O Lugo leva once xornadas sen perder.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade