Cargando resultados...
Aidoo foi operado con éxito e estará de baixa "un mínimo" de seis meses
O defensa perde o que resta de tempada e a próxima Copa Africana de Nacións
Foto @RCCelta
G24.gal
19/10/2023 12:53
Última actualización 19/10/2023 13:00
O defensa internacional ganés Joseph Aidoo estará de baixa "un mínimo" de seis meses despois de ser operado este xoves da rotura do tendón de Aquiles que sufriu durante un partido coa súa selección nacional.
O Celta informou de que a intervención transcorreu “sen complicacións” e consistiu “na reconstrución do tendón con sutura reforzada e a aplicación de factores de crecemento”, sendo realizada polo xefe dos servizos médicos do Celta, Juan José García Cota.
O central celeste, que se lesionou no amigable contra México, permanecerá de baixa un mínimo de 6 meses, polo que se perderá o que resta de tempada e a próxima Copa Africana de Nacións.