Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aidoo cre que é posible xogar en Europa

Aidoo cre que é posible xogar en Europa

Joseph Aidoo, comentou que está "nun bo momento" e que "resta por vir o mellor"

G24.gal 14/04/2023 15:50 Última actualización 14/04/2023 16:04

O futbolista do Celta, Joseph Aidoo, comentou este venres que está "nun bo momento", engadindo que "resta por vir o mellor". Apercibido desde hai varias semanas, confía en "aguantar o máximo tempo posible", non cre que necesite cambiar o seu estilo de xogo para evitar a quinta e agora está centrado en "traballar duro para tratar de gañar ao Mallorca" este luns. Comentou que está cómodo tanto xogando con defensa de catro como cando lle tocou facelo con cinco unidades, así como que se entende ben con Unai Núñez.

Aidoo responde á pregunta sobre as opcións europeas do Celta que "é posible", pero insiste en poñer o foco no inmediato:

"O obxectivo é gañar o luns".

Sinalou que están a traballar para "estar mellor" no balón parado e destacou que, aínda que encaixaron desta maneira, tamén defenderon ben noutras ocasións. En canto ao futuro, afirmou:

"Levo catro anos aquí e soño co mellor".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade