Publicador de contidos

Publicador de contidos

Afúndese un pesqueiro no porto de Ribeira

Afúndese un pesqueiro no porto de Ribeira

Non houbo feridos, e instaláronse barreiras anticontaminación para controlar a vertedura de combustible

G24.gal 01/03/2025 09:32

Afúndese un pesqueiro no porto de Ribeira. A alarma saltou ás sete da mañá. Trátase do barco Illas Cíes, de dez metros de eslora. Non houbo feridos, pero desde un primeiro momento o dispositivo traballou para evitar os danos polo combustible derramado polo barco. Para elo instaláronse barreiras anticontaminación.

Polo momento descoñécense as causas do suceso. Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos de Salvamento Marítimo, e Gardacostas de Galicia mobilizou a patrulleira 'Mar de Galicia'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade