Cargando resultados...
Afunde un catamarán turístico en Cartaxena con 33 tripulantes a bordo
14 foron levados ao hospital por hipotermia
G24.gal
14/11/2021 21:35
Afunde un catamarán con 33 pasaxeiros abordo a unha milla de Cartaxena. 14 dos ocupantes tiveron que ser trasladados ao hospital con síntomas de hipotermia.
Trátase dun catamarán turístico en que viaxaban 33 persoas, tres delas menores. Un dos rescatados asegurou que a embarcación comezou a ruxir e en cuestión de segundos rompeu á metade. Varios tripulantes caeron ao mar e tiveron que ser rescatados polo resto de ocupantes.
Agora investigan as causas do suceso.