Afástase do Baixo Miño a ameaza dos incendios no norte de Portugal
O lume estase controlando e os bombeiros lusos agardan facerse con el nas próximas horas
Portugal loita contra o lume dende onte á tarde nas localidades de Monção, Valença e Melgaço. Un incendio que alarmou, pola proximidade, os concellos galegos da outra beira do Miño.
Dende a Consellería do Medio Rural mandan unha mensaxe de tranquilidade. Segundo afirman, ese lume estase controlando, aínda así nalgúns puntos hai rescaldos que se están a reavivar.
Houbo nas últimas horas unha grande alarma porque puidera estenderse a localidades como Tui ou Salvaterra e mesmo se montou un dispositivo de vixilancia na beira galega. Temíase que o incendio atravesara a fronteira, algo que finalmente non ocorreu.
Un lume con diferentes focos en Monção, Valença e Melgaço moi preto da fronteira cunha enorme columna de fume que podía verse dende as comarcas do Baixo Miño e a Lourinhã cuxos veciños seguiron preocupados polos labores de extinción.
Os Bombeiros de Portugal falan dun incendio cunha fronte duns 3 quilómetros e catro focos diferentes. Aínda que se está controlando, hai rescoldos que se reavivan nalgún punto, polo que non hai descanso para os servizos de extinción.