Cargando resultados...
Adxudicados 30 millóns para as obras do novo edificio da estación de tren de Santiago
O novo edificio alzarase sobre as vías e formará unha única unidade coa terminal de autobuses inaugurada a pasada primavera

G24.gal
23/11/2021 21:42
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias adxudicou as obras do novo edificio de viaxeiros da estación de tren de Santiago.
As construtoras Copasa e Taboada Ramos executarán os traballos, presupostados nalgo máis de 30 millóns de euros.
O novo edificio alzarase sobre as vías e formará unha mesma unidade coa terminal de autobuses inaugurada a pasada primavera.