O director deportivo do Cádiz sobre Lucas Pérez: "As posibilidades de que salga son do cero por cento"
O director deportivo do Cádiz sobre Lucas Pérez: "As posibilidades de que salga son do cero por cento"
Jorge Cordero foi moi rotundo
O presidente do equipo andaluz asegura que "non hai caso Lucas", poucas horas antes de pechar o mercado de fichaxes
Sergio: "Lucas é futbolista do Cádiz. Non me gusta desviar a atención"
Jorge Cordero foi moi rotundo sobre a saída de Lucas Pérez:
"As posibilidades de que salga son do cero por cento. Non é un tema agradable pero Lucas é un profesional. Intentaremos axudalo en todo, hai que recuperalo"
Ratifica así o dito onte polo presidente do Cádiz, Manuel Vizcaíno, que recoñeceu que tivo unha xuntanza co dianteiro galego na que lle volveu a pedir que o deixase marchar ao Deportivo.
"Non hai caso Lucas Pérez", comentou o mandatario na previa do partido diante do Athlétic.
🔊 "He estado tomándome un café con @LP10oficial. Él me expresó una idea, yo le expresé la mía".
— DAZN España (@DAZN_ES) August 29, 2022
Manuel Vizcaíno, presidente del @Cadiz_CF, sobre Lucas Pérez #LaLigaEnDAZN ⚽ pic.twitter.com/4PPlmxjurL
Sergio González, o adestrador, deixouno no banco de suplentes e sacouno cun 0-2 no marcador no minuto 65. Dentro do nivel alto de alporizamento da afección ese intre foi o momento de maior tensión con todo o campo asubiando a un xogador que non consideran comprometido.
Nesa mesma liña se amosou o seu compañeiro Álvaro Negredo ao final do encontro. "O que estea aquí, que o faga con todo", dixo o que foi dianteiro titular diante do Athlétic.
🔊 "Esté quien esté, que esté con todo. El año pasado lo conseguimos".@AlvaroNegredo9 con @I_Molina #LaLigaEnDAZN ⚽ pic.twitter.com/zG43aYq6HZ
— DAZN España (@DAZN_ES) August 29, 2022
Tras o encontro tamén se manifestou o técnico Sergio González: