Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adrián Guerrero: "O Dépor está a facer unha aposta moi clara pola canteira"

Adrián Guerrero: "O Dépor está a facer unha aposta moi clara pola canteira"

O canteirán está a adestrarse co primeiro equipo e apunta a estar na convocatoria

G24.gal 22/05/2025 11:34 Última actualización 22/05/2025 11:45

O canteirán Adrián Guerrero soña con debutar co Deportivo nalgún dos dous partidos que quedan nesta campaña (Zaragoza e Elx) mentres traballa esta semana ás ordes de Óscar Gilsanz co primeiro equipo branquiazul:

"É un soño poder estar a adestrar co primeiro equipo, despois de 11 anos no club e de pasar por todas as categorías de fútbol basee do Dépor. Estou aquí para axudar, para o que necesiten e dar o máximo".

Apelou a "dalo todo nos adestramentos e a facelo o mellor posible" e definiuse como "un extremo que encara, que vai cara a adiante". Non sabe se terá minutos nalgún dos dous encontros que quedan pero non esconde que é algo que lle gustaría.

"Non sabemos nada, xa se verá. Só pensamos no día e día e en dalo todo nos adestramentos. Estamos con moitas ganas para poder axudar se se dá a oportunidade. Son uns clubs excepcionais (Zaragoza e Elx) e uns grandes estadios, o do Zaragoza e Riazor, onde é un soño xogar", subliñou.

Adrián considera que o club está a mirar moito para os mozos.

"O Dépor está a facer unha aposta pola canteira moi clara, levo vendo moito tempo á xente da canteira (co primeiro equipo)", comentou.

Tamén falou sobre Gilsanz, co que xa coincidiu a principios de campaña no Fabril.

"É un adestrador excepcional, moi próximo e é un privilexio telo aí. O míster pídenos (aos canteiráns) que sexamos nós mesmos, que fagamos igual que cando estamos abaixo e que gocemos desta experiencia inesquecible", aclarou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade