Cargando resultados...
Adeus a Emilio Cao
Recuperou a arpa, un instrumento esquecido en Galicia e ao que se entregou de xeito autodidacta
'Fonte do Araño' abriu a música galega ao global, fusionando o tradicional coa improvisación e o pop-rock
O ano pasado, xa debido á súa fráxil saúde, non puido recoller o Pemio de Honra Martín Códax en recoñecemento a toda a súa traxectoria
G24.gal
26/05/2025 16:53
Emilio Cao, o músico que recuperou a arpa para o folk e que foi un pioneiro ao abrir a música galega ás influencias globais, faleceu aos 72 anos no Hospital Clínico de Santiago, a cidade en que naceu.
Gravou un dos discos fundacionais da música folk galega: 'Fonte do Araño' e musicou poemas de Rosalía, Manuel Antonio, Suso de Toro ou Eduardo Alonso entre outros, á parte de escribir as súas propias letras.