Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acusan un home de 26 anos de atropelar unha muller en Ourense e fuxir

Acusan un home de 26 anos de atropelar unha muller en Ourense e fuxir

O home conducía supostamente unha moto polo polígono industrial de San Cibrán das Viñas cando ocorreu o sinistro 

Google Maps Google Maps
G24.gal 27/06/2023 15:53

A Garda Civil de Tráfico investiga un home de 26 anos como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria tras atropelar unha muller cando circulaba polo polígono industrial de San Cibrao, en Ourense.

Segundo fontes da investigación, o home fuxiu tras atropelar a unha muller, cando conducía unha motocicleta, a pesar de carecer de permiso de conducir.

O presunto autor do atropelo é veciño de Ourense e xa está localizado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade