Activan o aviso laranxa por calor na conca do Miño de Ourense
Aviso amarelo por altas temperaturas que poden alcanzar os 36 graos no interior da Coruña, no sur de Lugo, así como no noroeste, no sur e na zona de Valdeorras na provincia de Ourense
A Dirección xeral de Emerxencias da Xunta activou para este martes o aviso laranxa por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense a partir 13:00 horas, que poden alcanzar os 39 graos.
Ademais, estará activo o nivel amarelo por altas temperaturas que poden alcanzar os 36 graos no interior da Coruña, no sur de Lugo, así como no noroeste, no sur e na zona de Valdeorras na provincia de Ourense.
Ante este episodio de altas temperaturas, recoméndase extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis vulnerables como persoas maiores, nenos, persoas con enfermidades crónicas e tamén no caso de persoas que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre.
Recoméndase limitar a exposición o sol, manter unha boa ventilación e ter en conta os cambios de temperatura, así como ter unha hidratación adecuada, tomar comidas lixeiras, cubrir a cabeza e evitar exercicios físicos prolongados ao sol, á parte de non deixar nunca a nenos e nenas ou persoas maiores no interior de vehículos pechados.
A néboa fai caer os termómetros nas Rías Baixas
A mesta néboa destes días baleirou as praias das Rías Baixas que ata hai uns días estaban ateigadas coa vaga de calor. Un fenómeno atmosférico que está a arrefriar a provincia de Pontevedra e que deixa unha curiosa excepción.
Ao contrario do que é habitual se facemos unha comparativa co norte de Galicia, a temperatura nas Rías Baixas é 5 graos máis baixa. Esta néboa opaca que nos acompaña dende primeira hora chega para quedar polo menos ata mañá. E mesmo podería darse algunha tormenta no sur de Galicia.