Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio de Boiro, en nivel 2, obriga a desaloxar 700 persoas dun cámping en Ribeira

O incendio de Boiro, en nivel 2, obriga a desaloxar 700 persoas dun cámping en Ribeira

O lume pasou pola Pobra do Caramiñal e ameaza varias aldeas

José González, conselleiro do Medio Rural: "Hai desalmados prendendo lume e vai haber detencións"

 

G24.gal 05/08/2022 21:09 Última actualización 06/08/2022 00:44

Na noite deste venres, a proximidade das lapas obrigou a desaloxar a unhas 700 persoas que se atopaban no cámping Ria de Arousa, en Ribeira. Todas elas foron redistribuídas en pavillóns dentro do concello e non houbo danos persoais, aínda que algunhas tiveron que recibir asistencia sanitaria a causa de episodios de ansiedade.

O conselleiro do Medio Rural, José González falou para a Radio Galega na medianoite deste venres para informar de que tamén foron desaloxadas varias persoas das súas casas no núcleo de Oleiros, no concello de Ribeira.

Ademais, a UME está de camiño para axudar nos labores de extinción das lapas.

O conselleiro fixo un chamamento á cidadanía para que extreme as precaucións estes días: evitar grelladas, rozas nas horas centrais do día, etc. José González tamén lanzou unha contundente mensaxe: "Hai desalmados prendendo lume e vai haber detencións".

 As previsións meteorolóxicas non prevían favorables e cumpriuse o prognóstico.  Con refachos de vento que poden superar os 80 quilómetros en Arousa norte, o incendio Boiro, que se iniciara na véspera no lugar de cures, empeorou. A media tarde foi preciso elevar o nivel de alerta como medida preventiva porque o lume estaba moi próximo a núcleos de poboación.

"Case me arde a casa. Chegou preto. Pero estaban os bombeiros e apagaron antes de que chegara o lume", explica un veciño de Piñeiro.

"A miña non chegou a arder pero o lume estaba xa pola fiestra para entrar. Queimouse a horta", relata a propietaria doutra vivenda do mesmo núcleo.

O incendio, que calcinou polo menos 600 hectáreas, entrou no serán no concello de Pobra do Caramiñal. Comezou cerca do miradoiro da Figueira.

"Colleu monte para arriba nunha zona que estiveron cortando e estaba moi seca. Aquilo era unha polvoreira. O lume subiu a unha velocidade de vertixe", relata un veciño da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade