Cargando resultados...
Activada a situación 2 no incendio de Boiro, que calcina 400 hectáreas
As lapas achéganse ao núcleo de Piñeiro

G24.gal
05/08/2022 17:55
Última actualización 05/08/2022 20:30
Na tarde deste venres, Medio Rural solicitou a situación 2 como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo do Piñeiro.
Polo momento xa son 400 as hectáreas calcinadas polas lapas en Cures, no concello de Boiro, e hai activo un aviso amarelo por refachos de vento que poden superar os 80 quilómetros por hora ata as seis da mañá do sábado.
Na zona traballan tres técnicos, 25 axentes, 51 brigadas, 27 motobombas, catro pas, unha Unidade Técnica de Apoio, doce avións e nove helicópteros.