Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal deixa 40 incidencias e pon en alerta Sada polo elevado caudal do río Maior

O temporal deixa 40 incidencias e pon en alerta Sada polo elevado caudal do río Maior

As precipitacións deixan 50 litros de auga acumulada na localidade coruñesa de Lousame

Os medidores de Punta Candieira, en Cedeira, rexistraron refachos de vento que alcanzaron os 112,4 quilómetros

O Concello de Sada activou un dispositivo especial ante o risco de inundacións na zona da Lagoa-Brañas-Catalarrana

Bombeiros en Sada polo risco de inundacións
G24.gal 24/02/2025 11:58 Última actualización 24/02/2025 22:02

Os refachos de vento superaron os 110 quilómetros por hora no norte de Galicia na madrugada deste luns, mentres que as precipitacións xa acumularon case 50 litros por metro cadrado no municipio de Lousame (A Coruña). Ata o momento, o 112 contabilizou unhas corenta incidencias relacionadas coa choivas, e todas na mesma liña: estradas e rúas asolagadas. Ningunha, de gravidade.

O paso dunha fronte motivou que a Xunta activara a alerta laranxa en todo o litoral costeiro por ondas dos cinco aos seis metros. Ademais, varias zonas da provincia da Coruña están en aviso amarelo por choivas localmente fortes e o vento é forte de compoñente sur-suroeste no litoral e moderado no resto, cambiando a noroeste co paso da fronte.

Na madrugada deste luns, os medidores de Punta Candieira, en Cedeira (A Coruña) alcanzaron os 112,4 quilómetros por hora, mentres que en Penedo do Galo, en Lugo, chegaron aos 110,6 quilómetros por hora. O meteorólogo Joel Cid señalou que por regla xeral as ráfagas no litoral galego foron de 70 a 80 kilómetros por hora.

Risco de inundacións en Sada

O Concello de Sada activou un dispositivo especial ante o risco de inundacións na zona da Lagoa-Brañas-Catalarrana. Como medida preventiva ante a crecida experimentada polos rios Maior e Fontoira, o Concello alertou á veciñanza da zona para que retirase os vehículos dos garaxes.

As autoridades locais solicitaron o apoio dos bombeiros debido ao alto risco de desbordamento do río Maior, ao seu paso pola Lagoa, en Sada (A Coruña). Hai risco de que se inunden baixos e garaxes. 

De momento confirman que a situación é normal, excepto algo de auga que entrou nunha vivenda, pero esperarán a observar o comportamento do río cando se aproximen as oito da tarde e coincida coa pleamar. 

Ademais procedeuse ó peche parcial das rúas da Lagoa e Culleredo, derivando o tráfico pola rúa Betanzos, e á colocación de bombas de achique para empregar no caso de seren necesarias. 

En canto ás precipitacións, mentres que ás 11:15 horas deste luns, xa se rozaban os 50 litros acumulados por metro cadrado no municipio coruñés de Lousame, ás 17:00 horas da tarde xa eran máis de 107 os litros acumulados. 

Na provincia da Coruña tamén se rexistraron outras localidades con importantes precipitacións como Santa Comba (A Coruña), 77,6 litros por metro cadrado acumulados e Zas, con 77,3 litros.

As temperaturas mínimas rexistráronse en zonas do interior de Ourense, como A Veiga, con -0,3 graos. Pola súa banda, os valores máximos sitúanse ao redor de laso 16 graos en Ribadeo (Lugo).

Joel Cid indicou que esas choivas son froito da descarga dunha "fronte activa" que se despraza "lentamente" deixando ao seu paso "grandes cantidades de auga" e diríxese cara ás provincias de Ourense e Lugo, pero apuntou que "xa está a entrar unha nova fronte activa" que deixará máis precipitacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade