ACEGA recada máis de 600 quilos de alimentos sen glute para os celíacos da Palma
ACEGA e os socios achegaron 800 euros para mercar produtos sen glute
Puxéronse 19 puntos de recollida por Galicia onde a xente acudiu a doar

A Asociación de Celíacos de Galicia, ACEGA, recadou máis de 600 quilos de alimentos sen glute para os celíacos da illa da Palma. Coa situación que se está a vivir alí, os celíacos non teñen acceso a alimentos e é moito máis difícil atopalos.
ACEGA aportou 500 euros en alimentos e algúns socios colaboraron economicamente con outros 300.
Ademais, a través da campaña 'Xuntos Sumamos' e coa axuda de establecementos asesorados, puxéronse 19 puntos de recollida espallados por toda a comunidade aos que a xente acudía a doar.
Conseguiron recadar máis de 600 quilos de alimentos, que xa se enviaron á Palma, e deste xeito poder axudar ao colectivo celíaco.