Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pol Bueso, fóra de perigo despois do susto que levou en Guijuelo

Pol Bueso, fóra de perigo despois do susto que levou en Guijuelo

Estivo tirado no campo vinte minutos agardando por unha ambulancia

O colexiado suspendeu o encontro polo impracticable estado do terreo de xogo

G24.gal 08/01/2023 19:23 Última actualización 09/01/2023 09:15

O partido entre o Guijuelo e o Arenteiro tivo que ser suspendido a vinte minutos do final polo lamentable estado do terreo de xogo, enchoupado pola incesante chuvia que caeu na localidade charra. 

Foi un partido moi accidentado, porque a segunda parte xa estivera un cuarto de hora parada pola lesión do central do Arenteiro Pol Bueso. Houbo que agardar por unha ambulancia, que tardou en chegar e levou a Bueso a un centro hospitalario en Salamanca. 

O xogador quedou en observación e acabou sendo dado de alta. O club comunicou o luns pola mañá que xa estaba na súa casa do Carballiño en perfecto estado. 

Era o partido que enfrontaba os dous primeiros da táboa clasificatoria e o resultado foi o de menos (0-0 no minuto 69). O Arenteiro quixo apurar as opcións de xogar cando parase a chuvia pero o Guijuelo negouse. Ao final o colexiado decidiu suspender o encontro co que o equipo galego terá que voltar nunha data que determine a Federación para disputar o que queda de encontro, un prexuizo moi grande para o Arenteiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade