Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acada unha matrícula de honra no bacharelato con 39 anos

Acada unha matrícula de honra no bacharelato con 39 anos

Retoumou os estudos para mellorar no laboral e tamén como persoa

Obtivo a segunda mellor nota do instituto, cunha media final de 9,76

Alberto Pérez prepara as probas da ABAU tras a matrícula de honra no bacharelato
G24.gal 03/06/2022 14:29

 "Decides que é máis fácil traballar, porque vou estar a pelexar por uns estudos se agora mesmo non lle vexo unha saída a curto prazo", apunta Alberto Pérez, matrícula de honra no bacharelato con 39 anos.

Esa foi a decisión de Alberto hai máis de 20 anos, cando era un adolescente, pero a vida ensinoulle que foi unha decisión errada.

"Vas vendo que si que necesitabas eses estudos para mellorar, para progresar en calquera posto de traballo".

E decidiu matricularse no bacharelato de adultos. Leva dous anos ás carreiras da fábrica onde traballa de cociñeiro ao instituto, sen tempo para ocuparse da familia a quen agradece todo o seu apoio.

"Se non fose porque eles me permiten desatendelos, literalmente, dedicarme basicamente a traballar e a estudar, non podería facer isto", continúa Alberto.

Pero tamén os profesores foron un grande apoio.

"É unha persoa que nas dificultades medra", opina Josefina Fuentes, mestra de grego no IES 1 de Ribeira.

"A dedicación deles pois a verdade que é marabillosa, o traballo deles non ten prezo", sinala Alberto.

"É un exemplo de que se pode, que se pode ademais cun éxito notable que lle vai abrir moitas posibilidades a nivel laboral e persoais, por suposto", explica Vituca Vidal, mestra de latín no IES 1 de Ribeira.

A  ilusión de Alberto sería facer Filoloxía Clásica e non o descarta nun futuro. Polo de agora está centrado nas probas da ABAU e en ir dando pasos certeiros que sirvan de exemplo para o seu fillo, que o vindeiro curso ocupará o seu pupitre no instituto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade