Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ábrese o debate polo pagamento de gastos en efectivo

Ábrese o debate polo pagamento de gastos en efectivo

O Congreso nega os pagamentos en metálico e o Senado limítaos a axudas de custo de viaxes

O Tribunal Supremo rexeita devolverlle a Koldo García os seus dispositivos electrónicos

G24.gal 08/10/2025 13:56

O informe da Unidade Central Operativa da Garda Civil recolle a existencia de sobres en efectivo co logotipo do PSOE e o nome do exministro, José Luis Ábalos. Unha práctica que reabriu a polémica sobre os pagamentos en efectivo.

"Esta é unha práctica habitual de todas as empresas e mesmo deste Congreso dos Deputados", dicía onte o portavoz do PSOE, Patxi López.

Unha afirmación que desmenten desde o Congreso. O portavoz socialista apunta agora á cámara alta.

"Vaian ao Senado ver como dan os cartos aos que teñen pola súa responsabilidade algunha viaxe internacional. En sobre e con cartos en metálico".

Unha práctica que tamén normaliza o socio de Goberno. "Atrévome a dicir que no pagamento de axudas de custo dos Deputados e Senadores actúase así", apunta a Ministra de Sanidade, Mónica López.

Pero hai deputados que aseguran non saber destes pagamentos. "A nin non me paga axudas de custo o grupo parlamentario", di Néstor Rego, portavoz do BNG. "Non me pagaron axudas de custo na miña vida", asegura Gabriel Rufián, de ERC.

Os socialistas din que o informe da UCO non apunta ao financiamento irregular do PSOE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade