Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abren xuízo oral ao exconselleiro madrileño Francisco Granados por un presunto delito electoral en 2011

Abren xuízo oral ao exconselleiro madrileño Francisco Granados por un presunto delito electoral en 2011

Granados está tamén investigado por prevaricación e tráfico de influencias en concurso con malversación

O xuíz tamén chama o exxerente do PP en Madrid Beltrán Gutiérrez por falseamento de contas

G24.gal 03/04/2024 17:49

O xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castelló abriu xuízo oral ao exxerente do PP en Madrid Beltrán Gutiérrez e ao exconselleiro madrileño Francisco Granados por un presunto delito electoral nos comicios autonómicos de 2011 na modalidade de falseamento de contas.

Granados, ademais, está investigado por prevaricación e tráfico de influencias en concurso con malversación. No auto en que abre xuízo oral por esta peza do caso Púnica, o maxistrado rexeita tamén a solicitude da acusación popular ADADE que buscaba declarar partícipes a título lucrativo o PP e os seus 72 deputados autonómicos que resultaron electos.

Do mesmo xeito rexeita a solicitude da Fiscalía de citar en calidade de partícipes a título lucrativo os expresidentes da Comunidade de Madrid Esperanza Aguirre e Ignacio González, que figuraron nesta causa como investigados ata que meses despois quedaron eximidos.

García Castelló acorda tamén enviar a xuízo os investigados Alejandro de Pedro, Isabel Gallego, Borja Sarasola, Diego Moura Borobia e José Martínez Nicolás e desestima abrir xuízo oral ao expresidente madrileño Ignacio González ao ser sobresida a causa respecto deste en outubro de 2022, decisión que foi confirmada pola Sala Penal o pasado novembro.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade