Cargando resultados...
Abre o prazo para solicitar as axudas para comprar libros de texto e material escolar
Pódense pedir desde o 19 de maio ata o 22 de xuño

G24.gal
18/05/2022 21:02
Este xoves abre o prazo para solicitar as axudas para a compra de libros e material escolar do curso que vén.
Poderán acceder a elas os alumnos de Educación Primaria, ESO e Educación Especial matriculados en centros públicos. As solicitudes deberán presentarse desde o 19 de maio ata o próximo 22 de xuño por vía electrónica ou ben nos propios centros educativos.
A Consellería de Educación garante que asegurará a dotación gratuíta de libros e material escolar para o cen por cento das familias que cumpran os requisitos establecidos.