Cargando resultados...
Abre o prazo para inscribirse nas oposicións de educación
As solicitudes poderán presentarse do 1 ao 21 de febreiro a través da sede electrónica da Xunta
G24.gal
31/01/2022 20:35
A Xunta abre este martes o prazo para inscribirse nas oposicións de educación.
A oferta inclúe 2.484 prazas, a maior parte delas para profesores de ensino secundario, pero tamén para mestres, profesores de Artes Plásticas e da Escola Oficial de Idiomas.
As solicitudes poderán facerse ata o 21 de febreiro e a inscrición farase unicamente a través da sede electrónica da Xunta.