Aberto o prazo de subscrición da ampliación de capital do Deportivo
Aberto o prazo de subscrición da ampliación de capital do Deportivo
Na súa última xunta de accionistas, o Deportivo aprobou a redución do seu capital social en 45,596 millóns de euros
O R. C. Deportivo informou este martes de que xa está aberto o prazo de subscrición da ampliación de capital para todos os accionistas do club branco e azul. Unha vez publicado o anuncio de aumento de capital no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME), ábrese o período de subscrición dun mes para que os accionistas que o desexen procedan á subscrición e ao desembolso do valor nominal das novas accións e a prima de asunción.
Na súa última xunta de accionistas, celebrada o pasado 26 de xuño, o Deportivo aprobou a redución do seu capital social en 45,596 millóns de euros, mediante a diminución do valor nominal das accións da sociedade en 60,02 euros ata o valor nominal de 0,08 euros por acción, para compensar perdas “coa finalidade de restaurar o equilibrio e a estrutura de patrimonio”.