Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ábalos recorre ante o Supremo o rexeitamento do Congreso a indemnizalo

Ábalos recorre ante o Supremo o rexeitamento do Congreso a indemnizalo

O Congreso tomara a súa decisión atendendo o informe dos servizos xurídicos, que consideraron que non procedía dita indemnización, que no seu caso rozaría os 52.000 euros

Ábalos á súa chegada ao Supremo o pasado novembro. Europa Press/Eduardo Parra Ábalos á súa chegada ao Supremo o pasado novembro. Europa Press/Eduardo Parra
G24.gal 16/03/2026 18:39

O exdeputado e exdirixente socialista José Luis Ábalos recorreu ante o Tribunal Supremo a decisión da Mesa do Congreso de non concederlle a indemnización que pediu como exparlamentario.

Ábalos, que xa tentou que a Mesa do Congreso reconsiderase a súa negativa para pagar a súa indemnización por atoparse suspendido dos seus dereitos e obrigacións ao renunciar á acta, presentou un recurso contencioso-administrativo no Supremo.

O Congreso tomou a súa decisión atendendo o informe dos servizos xurídicos da Cámara, que consideraron que non procedía dita indemnización, que no seu caso rozaría os 52.000 euros, pero o exministro sostén que se trata dunha "flagrante" vulneración dos seus dereitos.

Ábalos, en prisión preventiva pola súa presunta implicación no caso Koldo, solicita ao Supremo que reclame ao Congreso o expediente completo sobre a súa solicitude.

A xuízo do exdiputado, a suspensión non debe estenderse a toda a percepción económica, senón, no seu caso, aos conceptos estritamente ligados á asistencia/actividade parlamentaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade