Ábalos e Koldo queren entrar no caso Leire por intentar gobernar nas súas defensas
Acúsan a chamada "fontaneira" do PSOE de intentar controlar as súa estratexias de defensa en beneficio do partido
Argumentan que podemos estar diante de delitos de obstrución á xustiza, tráfico de influencias e revelación de segredos
José Luis Ábalos e o seu antigo asesor, Koldo García, pasan ao ataque contra Leire Díez, a coñecida como 'fontaneira' do PSOE. Séntense enganados. Acúsana de intentar controlar as súas estratexias de defensa en beneficio do partido. Segundo eles, Leire estaría á fronte dunha presunta rede de inxerencias e filtracións do PSOE orientada a condicionar as súas defensas.
Manteñen que "a gravidade" das manifestacións que Díez veu realizando nas reunións que mantivo cos principais investigados na causa así como con fiscais e gardas civís "excede o ámbito meramente mediático" e delas "despréndese a posible existencia dunha rede de inxerencias e filtracións orientadas a condicionar actuacións xudiciais".
Os seus letrados argumentan que podemos estar diante de delitos de obstrución á xustiza, tráfico de influencias e revelación de segredos. Ábalos e Koldo pídenlle formalmente ao Xulgado de Instrución número 9 de Madrid que lles deixe presentarse coma acusación particular.