Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xustiza europea rexeita a reforma xudicial de Polonia

A xustiza europea rexeita a reforma xudicial de Polonia

Varsovia cualifica o ditame de farsa e acusa as autoridades europeas de exceder as súas competencias

O Tribunal Superior da UE sentenza que a reforma polaca socava a independencia xudicial O Tribunal Superior da UE sentenza que a reforma polaca socava a independencia xudicial
G24.gal 06/06/2023 09:30

A xustiza europea rexeita a reforma xudicial que levou a cabo Polonia en 2019. O Tribunal da Unión considera que a sala disciplinaria creada polo Goberno ultraconservador para sancionar xuíces é ilegal e non cumpre coas esixencias de imparcialidade.

A reforma polaca socava a independencia dos xuíces, di a sentenza, e non dá as garantías necesarias para protexelos do control político. Varsovia cualificou de farsa o ditame e acusou as autoridades europeas de exceder as súas competencias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade