Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta ve insuficientes as 19 prazas de xuíces anunciadas polo Goberno para Galicia

A Xunta ve insuficientes as 19 prazas de xuíces anunciadas polo Goberno para Galicia

O conselleiro de Xustiza bota en falta que non se cree ningunha praza en localidades como Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Carballo ou Sarria

Diego Calvo advirte de que cada vez se fai máis necesario o incremento de xuíces en Galicia porque isto, sumado ao incremento da litixiosidade, atrasa os emprazamentos das vistas

Imaxe de arquivo da Audiencia Provincial de Pontevedra
G24.gal 27/01/2026 19:11

A Xunta de Galicia denunciou este martes a deslealdade do Goberno central ao anunciar a creación de novas unidades para reforzar os tribunais de instancia en España e outros órganos como as audiencias provinciais sen consultar a comunidade ao tempo consideran insuficientes as 19 prazas anunciadas para Galicia.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reprochou ao ministerio que comunicase á Xunta esta decisión “un día despois de que o Goberno difundise aos medios” esta información.

Un día despois deste anuncio, explica Calvo, a Xunta recibiu unha comunicación oficial do ministerio solicitando información ás autonomías.

O conselleiro considera unha “tomadura de pelo” este modo de actuar do Goberno e insiste en que “non compartimos en absoluto este modo de traballar e así llo trasladaremos”.

Ademais, lembra que a Xunta, no marco da Comisión Mixta de Xustiza xunto co Tribunal Superior de Xustiza (TSXG), comunica cada ano ao Goberno central as unidades xudiciais que considera necesarias para a comunidade, polo que bota en falta que non se cre ningunha praza en localidades como Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Carballo ou Sarria para paliar a carga de traballo nos antigos xulgados de Primeira Instancia e Instrución que, coa lei estatal de eficiencia xudicial, transformáronse en tribunais de instancia de seccións civís e de instrución.

O conselleiro de Xustiza sinala que o reforzo anunciado é “insuficiente”, xa que das 500 prazas que se pretenden crear só se destinan 19 para reforzar os tribunais de instancia e audiencias provinciais en Galicia, o que representaría menos dun 4% e, ademais, non se corresponden en absoluto coa proporción da poboación.

O conselleiro de Xustiza advirte de que cada vez se fai máis necesario o incremento de xuíces en Galicia porque isto, sumado ao incremento da litixiosidade, atrasa as sinalizacións das vistas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade